CONSELLO LOCAL DA MULLER

PROGRAMAS 

PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN PÚBLICA

Este programa contempla diferentes medidas e accións para impulsar o asociacionismo entre as mulleres, mediante a formación, o asesoramento e o apoio técnico, de cara a acadar unha maior representación e participación das mulleres nos ámbitos social, público e cultural da nosa cidade.

FORMACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO PERSOAL

O seu obxectivo é favorecer a autoestima e o desenvolvemento das capacidades persoais para que as mulleres tomen as rendas da súa vida. Lévanse a cabo diferentes charlas formativas e talleres: Autoestima, resolución de conflitos,..

FORMACIÓN PARA O EMPREGO

Trátase de realizar actividades formativas que faciliten a incorporación das mulleres ao mercado laboral.

FORMACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DOMÉSTICAS.

Dentro deste programa, recóllense diferentes accións encamiñadas a romper os estereotipos e roles de xénero e a potenciar a incorporación dos homes aos procesos de igualdade. O obxectivo é que se produzan cambios nas actitudes e nas formas de relacionarnos entre mulleres e homes.

EDUCACIÓN EN VALORES IGUALITARIOS

Con este programa, preténdese o traslado ás aulas dos valores igualitarios traballando, conxuntamente, con todos os membros da comunidade educativa. Desenvólvense diferentes talleres e accións formativas, nos centros de ensino do concello, de cara a eliminar actitudes e comportamentos sexistas e, a previr a violencia de xénero.

SERVICIOS



REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ARTIGO I. OBXECTIVOS DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER

Serán obxectivos do Consello Municipal da Muller os seguintes:
  • Estudiar e emitir informes sobre os temas que considere de interese para a muller.
  • Promover e dar prioridade ás iniciativas da Concellería e doutras institucións, derivadas das análises, estudios e demandas realizadas sobre temas relativos á muller.
  • Potencia-la coordinación entre as institucións que actúen neste eido en Vilagarcía.
  • Propoñer actuacións e acordos ás diversas Concellerías, á Corporación, ós Consellos municipais e a cantas outras institucións incidan coas súas actuacións, ou coas súas omisións, no ámbito da muller.
  • Analiza-las as actuacións e intervencións que no ámbito da muller se produzan no municipio para darlles resposta.
  • Informar, debater e difundir temas sobre dereitos das mulleres.
  • Apoiar e fomenta-lo asociacionismo das mulleres para acadar maior participación e solidariedade.
  • Velar pola aplicación do principio de igualdade nas actuacións municipais.
  • Participar na elaboración dun Plan municipal de igualdade de oportunidades para as mulleres do Concello de Vilagarcía e, unha vez aprobado polo Pleno, participar no seguimento.
  • Propoñer actuacións para a igualdade de oportunidades das mulleres no municipio .
  • Denuncia-las conductas de discriminación que se produzan de cara as mulleres.

ARTIGO II. COMPOSICIÓN.

O Consello Municipal da Muller estará integrado por:
  • Presidente/a: O/A Alcalde/sa ou Concelleira en quen delegue.
  • Unha representante de cada grupo municipal existente na Corporación.
  • Unha representante de cada unha das Asociacións de Mulleres do Concello de Vilagarcía, que deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Unha representante de cada unha das Secretarías da Muller dos Sindicatos (se existisen) con representación no municipio..
  • Unha representante das organizacións empresariais de mulleres, (se existisen).

ARTIGO III. DAS COMISIÓNS DE TRABALLO.

No seo do Concello poderan constituirse as seguintes Comisións de traballo:
  • -Formación, emprego e relacións laborais.
  • -Violencia de xénero e imaxe social.
  • -Saúde e sexualidade.
  • -Atención social e reparto das responsabilidades.
  • -Cultura e Educación.
Estas comisións poderanse ampliar ou diminuir segundo o considere oportuno o Concello.

ARTIGO IV. DAS ACTAS DAS SESIÓNS.

As actas do Concello Municipal da Muller terán carácter de documento público polo que a Secretaría Xeral do Concello designará unha traballadora da Concellería da Muller para levantar acta de cada sesión, exercendo como fedataria.

ARTIGO V. DA CONVOCATORIA DAS SESIÓNS DO CONSELLO.

A convocatoria das sesións ordinarias deberá realizarse, pola Presidenta do Concello, cunha antelación mínima de dous días á data da xuntanza. A Concellería da muller, en coordenación coa Secretaría Xeral do Concello, porá a disposición das membras do Consello a documentación necesaria para o axeitado desenvolvemento das súas tarefas.

O Consello Municipal da Muller celebrará sesión ordinaria cando menos unha vez cada tres meses

ARTIGO IV. DAS CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS.

As sesións extraordinarias serán convocadas no prazo máximo dos tres días hábiles seguintes á data de entrada da solicitude no Rexistro Municipal, cando así o soliciten as 3/5 partes das membras do Consello.

O sesión extraordinaria do Consello deberá celebrarse nun prazo de vinte días a contar dende o momento da convocatoria, salvo caso de forza mayor, e no caso das sesións extraordinarias urxentes, tamén poderá convocalas na mesma forma, por iniciativa propia da presidencia do Consello Municipal da Muller.

ARTIGO VIII. DOS ACORDOS.

As decisións serán tomadas pola maioría simple das representantes presentes na sesión do Consello, agás aquelas que por regulamentación se esixa algunha maioría cualificada.

ARTIGO VIII. MESA DO CONSELLO.

O Consello Municipal da Muller conta cos seguintes cargos unipersonais, que formarán a Mesa do Consello:
  • -Presidenta.
  • -Vicepresidenta.
  • -Secretaria.
  • -Vocais das Comisións de Traballo

ARTIGO IX. DA PRESIDENCIA

A presidenta será o/a Alcalde/sa ou Concelleira en quen delegue.

Serán funcións da Presidencia:
  • Convocar e presidi-las reunións
  • Representar ó Consello
  • Prepara-la orde do día
  • Ordena-los debates e someter a votación os acordos
  • Executar os acordos do Consello
  • Velar pola correcta aplicación das normas contidas neste Regulamento.

ARTIGO X. DA VICEPRESIDENCIA

A Vicepresidenta será elexida polo pleno do Consello Local da Muller, entre as membras non corporativas, na primeira sesión logo da constitución do Consello.

Para ser elixida Vicepresidenta requírese o voto favorable da maioría absoluta en primeira votación. De non obter ningunha candidata esa maioría, resultará elixida na votación seguinte, a que acade máis votos. 

Serán as súas funcións :
  • Asistir á Presidenta do C.L.M. nos asuntos que esta requira.
  • Substituir á Presidenta , por delegación desta, nos casos de ausencia ou enfermidade

ARTIGO XI. DA SECRETARIA

Será desempeñada pola funcioanaria ou traballadora da Concellería da Muller nomeada pola Secretaria do Concello.

A Secretaria será a responsable do levantamento de actas de cada xuntanza., así como de facilitar coa autorización da Presidenta , a documentación necesaria ás membras do Consello. 

Asistirá as reunións con voz pero sen voto.

ARTIGO XII. DAS COMISIÓNS DE TRABALLO

O Consello Local da Muller decidirá a constitución de Comisións de Traballo con carácter temporal ou permanente, segundo os intereses, necesidades e posibilidades do Consello.

As comisións de traballo elaborarán informes, estudios e propostas de actuación en materia da súa competencia.

Poderán participar nas Comisións de traballo aquelas persoas que sexan requiridas polo Consello, ou que o soliciten formalmente diante deste organismo, para presentar informes técnicos ou formular cuestións que lles afecten directamente a elas ou ó colectivo que representan.

ARTIGO XIII ELECCIÓN DAS CONSELLEIRAS

As integrantes do Consello local da muller serán renovadas , aínda que podan ser nomeadas as mesmas persoas, cando se renove a Corporación, e no prazo máximo de tres meses despois de constituída.

  • A Presidenta dirixirase ás institucións e organizacións interesadas para proceder á renovación cando proceda.
  • A Presidenta será o/a Alcalde/sa ou Concelleira en quen delegue.
  • A Vicepresidenta será elexida polo Pleno do Consello Local da Muller
  • As representantes de cada grupo político municipal, serán designadas polos grupos ós que pertenezan.
  • Unha representante de cada Asociación de Mulleres, elixida por cada Asociación 
  • As representantes das vocalías (se existisen) das organizacións empresariais de mulleres serán elexidas entre as mesmas.
  • As representantes das Secretarías da Muller dos sindicatos serán designadas por cada un deles.
  • Por cada Conselleira poderá designarse unha suplente que asista ás xuntanzas e participe das tarefas da titular por ausencia xustificada desta.

ARTIGO XIV.- EXTINCIÓN DOS NOMEAMENTOS

O nomeamento poderá extinguirse por:
  • Revogación por parte da entidade á que representa
  • Por renuncia expresa da interesada.

ARTIGO XV.- RÉXIME XURIDICO

En todo o non previsto no presente Regulamento, estarase ó disposto no Cap. II do Título II da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administraciones Públicas e do Procedemento Administrativo Común modificada mediante lei 11/1999, de 21 de abril, no que se refire ó funcionamento dos órganos colexiados.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente Regulamento unha vez aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación, entrará en vigor unha vez se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrera o prazo de 15 días hábiles a partir da súa publicación.

Vilagarcía de Arousa, 16 de xaneiro de 2002

A CONCELLEIRA DELEGADA DA MULLER
Etiquetas:
Reacciones:

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiavilagarcia} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget