FESTA DAS UVAS 31dic'15


31 Diciembre 2015, 11:00h en Praza de Ravella. Entrada libre 

TOMAS DAS UVAS 

A XVII edición da Festa da Toma das Uvas comezará ás 11 da mañá coa animación musical a cargo dun DJ que se encargará de ir creando o clima axeitado para o momento cume. Para facilitar o abastecemento de uvas, gominolas e cava, habilitaranse dous postos de reparto: un diante do Concello e outro no Xardín de Ravella. A distribución comezará ás 11:30 horas a efectos de que todos os asistentes teñan tempo suficiente a proverse dos ingredientes necesarios para realizar o ensaio xeral da toma das uvas ás 12 do mediodía.
Uns 15 minutos antes da hora sinalada, o animador irá informando ao público sobre o tempo que queda para que soen as esperadas badaladas, así como da diferenza entre os cuartos e as horas para que ninguén empece antes de tempo.

Cando o reloxo do Concello remate de dar as 12 badaladas, terá lugar o brindis final e a festa continuará hora e media máis con máis música, animación e baile.

Tráfico cortado
O tráfico polo tramo da Rúa Juan Carlos I que pasa fronte o Concello e os xardíns de Ravella cortarase a partir das 11:30 e non se restituirá o paso de vehículos por esta zona ata o remate da celebración, a iso das 13:30 horas. As alternativas e desvíos estarán debidamente sinalizados.
Reacciones:

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiavilagarcia} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget