💬 ORGULLO NA RÚA 21h 1jul'16

Acto en Parque Ravella. Entrada libre. Viernes 1 julio 2016, 21:00h / 

ORGULLO NA RÚA 

Volvemos de novo a organizar algo conxuntamente coas compas da asociación "O Soño de Lilith". Temos que agradecer tamén a colaboración de compoñentes do Círculo de Podemos en Vilagarcía.

Desta vez saímos á rúa, este venres día 1 de xullo, ás 21:00 horas, nos bancos do Parque Ravella organizamos un encontro para falar dos dereitos LGTBI e do #Orgullo.

Será un encontro dinámico, aberto e informal. Anímate!
O día 1 axúdanos a deixar os prexuízos no armario en Vilagarcía! ;)

Convocantes:​A asociación feminista O Soño de Lilith ​e a asociación Xuventude Activa en Sinerxia (XAS).
Data:​venres 1 de xullo de 2016. Hora:​21:00 horas.
Lugar:​Bancos do Parque de Ravella.
Acto:​Orgullo na Rúa.

Teléfono/contacto:​​671 83 83 56 (Pedro).
O próximo venres, día 1 de xullo, ás 21:00 H nos bancos do Parque de Ravella, as asociacións “O Soño de Lilith” e Xuventude Activa en Sinerxia (XAS) convocan un encontro co nome de “Orgullo na Rúa”. O encontro se desenvolverá a modo de conversa informal e aberta. Buscamos compartir ideas de maneira espontánea e dinámica, posto que as conversas, como a sociedade, son máis ricas canto máis diversas.

Somos conscientes de que o día do Orgullo é unha celebración que busca a visibilidade do colectivo de Lesbianas, Gays, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais (LGTBI), historicamente marxinado. Con este acto pretendemos contribuír a esa visibilidade sacando a rúa certos cuestionamentos que, aínda que nos abranguen a todas, teñen especial incidencia na vida das persoas LGTBI. Unha sociedade diversa ten a obriga de repensarse, polo que falar con liberdade e en clave rupturista sobre conceptos como “orientación sexual” ou “identidade de xénero”, é fundamental para o avance da nosa sociedade. Todas as persoas estades convidadas a participar e compartir as vosas percepcións e inquedanzas sobre estes temas. Trátase de que durante un par de horas Vilagarcía “deixe os seus prexuízos no armario”​.
Reacciones:

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiavilagarcia} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget