💬 I XORNADA XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE 28oct'16

en Centro Comercial Arousa. Viernes 28 octubre 2016 20h. Entrada libre 

I XORNADA: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA 

Lembrámosvos que o venres 28, ás 20:00 h. na sala de xuntanzas, no terceiro andar do Centro Comercial Arousa teremos a I XORNADA: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA, na que desenvolveremos dúas ponencias. No contacto que vos ofrezo do meu blog e no doc. adxunto, que é unha invitación, tendes abondosa información sobre este acto na honra de Filgueira Valverde.
www.filgueiravalverde.blogspot.com.es

Agardamos poder contar con vós e xa aproveitamos para agradecervos e saudarvos moi cordialmente,

Augusto Guedes / Xermán Manuel Torres


Este venres 28 de outubro o profesor local Xermán Manuel Torres de Aboal dará unha interesante charla no Salón de Xuntanzas do Centro Comercial Arousa, (situado no 3º andar).

Gran estudioso da vida e da obra do ilustre polígrafo pontevedrés, Xermán Torres compartirá con tódolos asistentes diferentes capítulos e anécdotas do coñecido coma "O Vello Profesor", quen tamén fora alcalde de Pontevedra e moitos anos Director do Museo de Pontevedra, e recentemente homenaxeado no día das Letras Galegas do ano 2015.

A súa vez, o coñecido historiador Augusto Guedes falará da basílica  pontevedresa de Santa María, no que sen dúbida será un bonito xerán cultural na mellor compañía.

Será un acto de lembranza desta gran figura da cultura e da educación en Galicia, o día no que cumpriría 110 anos, que pensamos continuar e institucionalizar cada ano, na data do nacemento do insigne pontevedrés, para manter viva a súa memoria e a súa magna obra.
Reacciones:

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiavilagarcia} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget