📅 Verán O Grove 2017

en O Grove. Julio - septiembre 2017 

PROGRAMACIÓN día a día VERÁN O GROVE 2017

Mércores, 5 de xullo
22.00 h. Cinema de verán. “Trolls”. Rúa do Hospital.

Xoves, 6 de xullo
21.00 h. Xoves musicais. A Doce Vita “Sons de cine”. Praza do Corgo.

Venres, 7 de xullo
23.00 h. Concerto Mad Martin (Swing, rock e rockabilly). El Patio. Rúa Luis Seoane, 10.

Sábado, 8 de xullo
9.00 h. Roteiro histórico de San Vicente pola Ruta do Padre Sarmiento. San Vicente. Organiza: Centro de interpretación da cultura e do agro galego “O Quinteiro de Temperán”.
22.00 h. Festa da Queimada ou Noite Meiga. San Vicente. Organiza: Centro de Interpretación da cultura e o agro galego “O Quinteiro de Temperán”.
23.00 h. Concerto Sabina & CÍA. (Tributo a Joaquín Sabina). El Patio. Rúa Luis Seoane, 10.

Luns, 10 de xullo

20.00 h. Inauguración da exposición “Feito á Man”, de Juan Leiro. Sala das Dornas da Casa do Concello do Grove.

Martes, 11 de xullo
20.00 h. Contacontos: “Sabela e o paxaro máxico”, a cargo de Tarabelos Teatro. Praza de Arriba.

Mércores, 12 de xullo
22.00 h. Cinema de verán: “Cuerpo de élite” (comedia).
Rúa do Hospital.

Xoves, 13 de xullo.

Festas do Carme
PROGRAMA DO DÍA
12.00 h. Salva de bombas para anunciar o comezo das festas.
21.30 h. Verbena a cargo do dúo “Prisma”. Praza do Corgo.
23.30 h. Verbena a cargo da orquestra “Palladium”. Praza do Corgo.

Venres, 14 de xullo.
Festas do Carme
PROGRAMA DO DÍA
19.30 h. Entrega de insignias de Ouro do Mar. Praza de Arriba.
21.30 h. Verbena a cargo de “Javi Solla”. Praza do Corgo.
23.30 h. Concerto da orquestra “Panorama”. Praza do Corgo.
00.30 h. Concerto de “Xuso Jones”. Praza do Corgo.
OUTRAS ACTIVIDADES
23.00 h. Concerto “The Lelli Kelly´s Rock `n´ Roll” (Versións dos 50, 60 e 70). El Patio. Rúa Luis Seoane, 10.

Sábado, 15 de xullo.

Festas do Carme
PROGRAMA DO DÍA
20.30 h. Actuación da Asociación Cultural Paradanda-Mecos. Rúa do Hospital.
22.00 h. Verbena a cargo da orquestra “Jerusalén”. Praza do Corgo.
00.00 h. Gran tirada de fogos de artificio.
00.30 h. Verbena a cargo da orquestra “Jerusalén”. Praza do Corgo.
01.00 h. Verbena a cargo “Vía Radio”- II Festa da Xuventude. Praza do Corgo. 

Domingo, 16 de xullo.
Festas do Carme
PROGRAMA DO DÍA
11.15 h. Salva de bombas para anunciar o día grande das festas.
11.30 h. Misa do Carme. Igrexa parroquial de San Martiño do Grove.
13.00 h. Aperitivo na Casa da Terceira Idade para os maiores.
Actuación de “@deviño”. Organiza: Concello do Grove.
18.00 h. Misa na lonxa por todos os mariñeiros falecidos. A continuación, procesión marítima.
22.00 h. Verbena a cargo da orquestra “La Ola ADN”. Praza do Corgo.
00.00 h. Verbena a cargo do grupo “Assia”. Praza do Corgo.

Luns, 17 de xullo.
Festas do Carme
PROGRAMA DO DÍA
Día do Neno e da Nena, con descontos en todas as atraccións.
21.30 h. Verbena amenizada por “La Noche”. Praza do Corgo.

Martes, 18 de xullo
20.00 h. Contos: “Contacontos”, por Xarope Tulú. Praza de Arriba.

Mércores, 19 de xullo

22.00 h. Cinema de verán. “¡Canta!”. Rúa do Hospital.

Xoves, 20 de xullo
21.00 h. Xoves Musicais. “Reynier Aldana”. Praza do Corgo.
23.00 h. Monólogo: Miguel Lago “Que no salga de aquí”. El Patio. Rúa Luis Seoane, 10.

Venres, 21 de xullo

20.00 h. Mostra-arte. Exposición de traballos feitos polo colectivo Artegrove. Sala das Dornas da Casa do Concello do Grove.
21.00 h. Concerto: “Antilia”. Praza do Corgo.
23.00 h. Música: “Matías Leiro e Bruno Canario”. El Patio. Rúa Luis Seoane, 10.

Sábado, 22 de xullo
9.00 h. Roteiro histórico de San Vicente pola Ruta do Padre Sarmiento. San Vicente. Organiza: Centro de interpretación da cultura e do agro galego “O Quinteiro de Temperán”.
21.00 h. XV Noite Cultural Paradanda. Praza do Corgo. Organiza: Paradanda-Mecos.
22.00 h. Festa da Queimadaou Noite Meiga. San Vicente. Organiza: Centro de Intepretación
da cultura e o agro galego “OQuinteiro de Temperán”.
23.00 h. Concerto. “The Fabulous Resaca Brothes” (Blues Canalla). El Patio. Luis Seoane, 10.

Domingo, 23 de xullo
11.00 h. I Festa da Terra e doPan. San Vicente. Centro de interpretación da cultura tradicional
e do agro galego “O Quinteiro de Temperán”.
21.00 h. Concerto: Os Firrás “Noite de Boleros”. Organiza: Asociación Cultural e Musical “Os
Firrás”. Praza do Corgo.

Luns, 24 de xullo
21.00 h. IV Memorial Loli Cabanelas. Praza do Corgo. Organiza: Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove.
22.00 h. Concerto. “The Pretty Shirts” (Rock `n´Roll). El Patio. Luis Seoane, 10.

Martes, 25 de xullo.
Día Nacional de Galicia
12.00 h. Acto institucional do Día de Nacional de Galicia. Praza do Corgo. Espectáculo poético-musical a cargo e Iolanda Zúñiga e Pelu Vidal.
Actuación da Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove.
22.00 h. Cultura no Camiño. “Íntimo. A viaxe da miña vida”, do Mago Teto. Praza do Corgo.
23.00 h. Música: “A Noite das Músicas Galegas”, con Duendeneta Dillei. El Patio. Luis Seoane, 10.

Mércores, 26 de xullo
22.00 h. Cinema de verán. “La ciudad de las estrellas (La La Land)”. Rúa do Hospital.

Xoves, 27 de xullo
21.00 h. Xoves musicais. “Fla-Meco”. Praza do Corgo.
23.00 h. Concerto: “Frans Banfield & Los Hijos del Rigor”. El Patio. Luis Seoane, 10.

Venres, 28 de xullo
21.00 h. Inauguración da mostra de fotografía “Entre lusco e fusco”. Sala das Cunchas e Sala das Dornas da Casa do Concello do Grove. Organiza: Abanca.
23.00 h. Música: “A Banda de Mazinger” (Pop e rock dos anos 80). El Patio. Luis Seoane, 10.

Sábado, 29 de xullo
21.00 h. Concerto: “De Nova”. Praza do Corgo.
23.00 h. Comedia: “Kaufman e Ermoty”. El Patio. Luis Seoane, 10.

Domingo, 30 de xullo.
Día Internacional da Amizade 
21.00 h. Festa infantil de verán. Praza do Corgo.

Martes, 1 de agosto
20.00 h. Contacontos: “Bou Catrineta”, a cargo de Inacio Vilariño. Praza de Arriba,

Mércores, 2 de agosto 
22.00 h. Cinema de verán “Mascotas” (Infantil. Animación). Rúa do Hospital.

Xoves, 3 de agosto
22.00 h. Xoves musicais: “Os amigos do Acordeón das Rías
Baixas”. Praza do Corgo. 
23.00 h. Monólogo: “Enrique San Francisco”. El Patio. Luis Seoane, 10.

Venres, 4 de agosto
20.30. Ruta dos persoeiros ilustres. Ruta guiada a cargo de Francisco Meis. Saída da Praza
do Corgo. Inscricións no Facebook “Cultura Concello do Grove”.
23.00 h. Música: “Carolina Rubirosa”. El Patio. Luis Seoane, 10.

Sábado, 5 de agosto
10.00 h. VIII Romaría Festa da Malla. San Vicente. Organiza: Roza do Pedrol.
21.00 h. XXI Festival Folclórico Cantodorxo. Praza do Corgo. Organiza: Cantodorxo.

Domingo, 6 de agosto
20.00 h. Actuación das Pandeireteiras e da Coral da Asociación de Xubilados e Pensionistas do Grove (Asxupen). Praza do Corgo.

Martes, 8 de agosto.
19.30 h. Xornadas da Salga: “Facemos a chanca” (proceso de curado da sardiña). Almacén Vello do Museo da Salga.
20:00 h. Contacontos: “Contos a pé de Rúa”, a cargo de Caxoto Contacontos. Praza de Arriba. 

Mércores, 9 de agosto
22.00 h. Cinema de verán: “Bridget Jone´s Baby”. Rúa do Hospital.

Xoves, 10 de agosto
22.00 h. Xoves musicais: “Sheila Patricia”. Praza do Corgo.

Venres, 11 de agosto
21.00 h. Concerto: “Samuel Leví y los niños perdidos”. Praza do Corgo.
23.00 h. Música: “La pistola del manco”. El Patio. Luis Seoane, 10.

Sábado, 12 de agosto
20.00 h. Carnaval de verán. Rúas Pombal e Castelao.

Luns, 14 de agosto
23.00 h. Monólogo: “Luis Piedrahita”. El Patio.

Martes, 15 de agosto
22.00 h. Concerto: “Najla Shami”. Praza do Corgo.

Mércores, 16 de agosto

22.00 h. Cinema de verán: “Aliados”. Rúa do Hospital.

Xoves, 17 de agosto
22.00 h. Xoves musicais: “La pistola del manco”. Praza do Corgo.

Venres, 18 de agosto
20.30 h. Ciclo de concertos Son & Sal: “Adrián Costa”. Saída do Porto do Grove. Organiza: Adegas Paco & Lola. Máis información: www.pacolola.com
21.00 h. Concerto: “Tincho Fernán”. Praza do Corgo.

Sábado, 19 de agosto
9.00 h. Roteiro histórico de San Vicente pola Ruta do Padre Sarmiento. San Vicente. Organiza: Centro de interpretación da cultura e do agro galego “O Quinteiro de Temperán”.
10.00 h. Regata das Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época. Porto de Pedras Negras. Organiza: Club Náutico de San Vicente do Mar.
21.00 h. Cultura no camiño. Espectáculo de danza “Tango en Galicia”. Praza de Arriba.
22.00 h. Festa da Queimada ou Noite Meiga. San Vicente. Organiza: Centro de Interpretación da cultura e do agro galego “O Quinteiro de Temperán”.

Domingo, 20 de agosto
10.00 h. Regata das Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época. Porto de Pedras Negras. Organiza: Club Náutico de San Vicente do Mar.

Martes, 22 de agosto
20:00 h. Contacontos: “Hocus Pocus”, a cargo do Mago Paco. Praza de Arriba.

Mércores, 23 de agosto
22.00 h. Cinema de verán: “Ice Age 5”. Rúa do Hospital.

Xoves, 24 de agosto
20.00 h Contacontos: “Clesacontos“, a cargo de Polo Correo do Vento. Praza de Arriba.
21.00 h. Xoves musicais. “Cinco en Zocas”. Praza do Corgo.

Venres, 25 de agosto
19.30 h. A salgadura da sardiña: “Cargamos o morto” (lavado e estibado da sardiña nos tabais. A continuación, prensado). Almacén Vello do Museo da Salga.
20.30 h. Ciclo de concertos Son & Sal: “Néstor Pardo”. Saída do Porto do Grove. Organiza: Adegas Paco & Lola. Máis información: www.pacolola.com

Sábado, 26 de agosto
21.00 h. VII Exhibición de Baile. Praza do Corgo. Organiza: Cantodorxo.

MÚSICA

XOVES MUSICAIS

6 de xullo.
A Doce Vita “Sons de Cine”(jazz) Unha selección das mellores bandas sonoras de todos os tempos a ritmo de jazz.

10 de agosto.
Sheila Patricia (pop)
Sheila Patricia, autora e intérprete galega ligada á palabra e á poesía.
O seu escenario móstranos diferentes climas que van desde a canción de autor, coas súas propias composicións, ata o fado, boleros, folk galego e unha importante presenza de diferentes poetas da península musicados, que Sheila recolle dándolles novas cores.
A cantautora encádrase dentro do xénero “world music” cunha especial elegancia e sensibilidade.
Os seus sons adoptan unha tendencia jazz dentro da canción de autor, dando cunha nova experiencia.
Actualmente está traballando xunto con Gabriel Peso na gravación do seu primeiro EP composto por seis cancións: catro temas propios e dúas versións mundialmente coñecidas.

27 de xullo.
Fla-Meco (Flamenco e rumba)
Andrés Ervés, Miguel Cabecho, Monchiño Fraga e Xabier Rodríguez, catro mecos que xa hai anos decidiron embarcarse no mundo da música nun campo moi concreto. Fla-Meco asume versións de flamenco e rumba cun nivel impecable e un estilo propio.

3 de agosto.
Amigos do Acordeón das Rías Baixas (Música popular galega)
Por iniciativa de Pablo Dovalo, xúntase un grupo de acordeonistas coa intención de experimentar
un xeito diferente de interpretar a música do acordeón. Son de distintos lugares da nosa comarca
e case que todos eles forman parte doutras agrupacións. Por medio desta unión acadan unha nova experiencia musical e gozan da amizade e da verdadeira convivencia.

20 de julio.
Reynier Aldana (Fusión cubana)
Nado na Habana, criado no barrio de Nuevo Vedado, comeza polos camiños da música cubana como
percusionista aos 14 anos e, co paso dos anos, comezou a ter interese pola guitarra a través do seu irmán maior, tamén músico.
Aos 17 anos empezou a tocar o baixo nunha banda formada por un grupo de amigos. Funda en 2003 (como baixista) a banda Mate, presentándose en diferentes festivais e locais ao longo do país. Acompañou diferentes artistas cubanos como baixista, a Frank Delgado, Eric Méndez, Ray Fernández e Raúl Torres, gravando nos seus discos e producindo o primeiro disco de Ray Fernández (Paciencia). Anos máis tarde, interésase pola canción, levando a cabo o seu proxecto en solitario, formando parte da nova xeración de trobadores de Cuba. Na súa música atópanse ritmos africanos , pop rock, funk, bolero e, ás veces, sonoridades electrónicas, sempre aderezados con gusto e raíces cubanas.

17 de agosto.
La pistola del manco (Rumba e pop)

24 de agosto.
Cinco en zocas (música tradicional e popular galega)
Lara, Marta, Silvia, Dunia e  Andrea somos “Cinco en zocas”. Todas somos do Grove, por nacemento ou por adopción, e coñecémonos desde nenas por temas relacionados co folclore e coa música tradicional. Cando crecemos, os estudos, traballos e diferentes cousas fóronnos levando por sitios distintos, ata que o ano pasado, en 2016, reatopámonos as cinco de volta aquí, vivindo outra vez no Grove ou preto, e decidimos xuntarnos para tocar e pasalo ben xuntas. Así xurdiu, un pouco por casualidade, Cinco en zocas. Ao pouco tempo de estarmos quedando para tocar, saíunos a posibilidade de actuar no Encontro de Pandeireteiras que organizou o Concello do Grove en outubro dese mesmo ano, enmarcado dentro do programa da Festa do Marisco. E desde esa nosa estrea vimos tendo actuacións de xeito habitual.
As nosas fontes, claro está, son sempre os traballos de recollida feitos por nós mesmas e por outros compañeiros, que nos vencellan á música tradicional. As pezas que montamos proceden sempre do traballo de recuperación e difusión da música tradicional. Aínda que é certo que, como somos da opinión de que a música é un ser vivo, suxeito ao cambio, á modificación e, sobre todo, ao xogo, sempre metemos algo de colleita propia, fuxindo un pouco da mera reprodución de aquilo que interpretamos; tratando de respectar a raíz, pero imprimíndolle o noso propio carácter. Agora mesmo estamos barallando a posibilidade de meter no noso repertorio pezas tradicionais doutros lugares da
península ibérica, aplicándolles a mesma idea de evolución que ata o de agora vimos facendo.

E ademais…

CORAIS

Luns, 24 de xuño
21.00 h. IV Memorial Loli Cabanelas da Coral da Confraría de San Martiño do Grove. Praza do Corgo. Contará coa actuación do Coro Infantil da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove.

CONCERTOS

21 de xullo.
21.00 h. Praza do Corgo ANTILIA
O proxecto musical da letrista e cantante María Costa chega ao Grove logo da súa participación no Atlantic Fest e dun longo percorrido musical. Antilia representan a mestura do son tradicional galego co pop e o jazz.
Todo iso adornado coa estupenda voz de María Costas (actriz en “Casa Manola”, TVG) e unha instrumentación suave e cálida como a seda.
As composicións de Antilia teñen un sabor atlántico, aberto, nostálxico; pero tamén diáfano e vital. Non deixan a ninguén indiferente.
Teñen influencias do jazz, blues, rock sinfónico e achegas do folk, cun toque de sofisticación nos arranxos, fuxindo do obvio, do fácil encadramento. Uns textos poéticos en galego que conseguen
fío directo co público e van máis alá dos lugares comúns. Influencias que van desde Bob Dylan a Joni Mitchell, pasando por referentes como Billie Holiday, Amália Rodrigues, José Afonso e Caetano Veloso; Antilia naceu escoitando a Madredeus, pero tamén a King Krimson, Led Zeppelin e Mike Oldfield, bebendo de Amancio Prada e Jei Noguerol.

29 de xullo.
21.00 h. Praza do Corgo DENOVA
Os pontevedreses Denova preséntannos o seu primeiro disco, Métodos y Tiempos, que promete proporcionar grandes noites de pop de alta voltaxe. Denova recupera a esencia dos oitenta, pero cunha nova volta de porca ao xénero e cunha proposta fresca, contemporánea e extravertida que nos levará a unha viaxe de sensacións onde o “bailoteo” e a diversión están asegurados.

11 de agosto.
21.00 h. Praza do Corgo SAMUEL LEVÍ Y LOS NIÑOS PERDIDOS
Samuel Leví comeza na música de forma autónoma e independente en 1997 e durante os seus primeiros anos estuda guitarra en Vigo mentres percorre moitas das salas da cidade facendo os seus primeiros concertos. Axiña vaise dando a coñecer, deixando claras as súas influencias, como Pedro
Guerra, Silvio Rodríguez ou Luis Eduardo Aute, cos que chegará a compartir escenario anos despois.
O seu primeiro traballo, Con mis propias manos, ten moi boa acollida, e no ano 2004 consegue presentar o seu primeiro elepé, Turno de noche. Todo isto leva a que Leví sexa actualmente un dos artistas máis recoñecidos do panorama musical galego. No ano 2010 grava o seu segundo disco, Y tú
más!, no que colaboran, baixo o pseudónimo, Los niños perdidos, un bo número de músicos e artistas
amigos. A xira que acompaña a presentación do disco incluíu oitenta concertos en nove meses.
Ao ano seguinte trasládase á Arxentina para continuar coa súa formación musical.
Ten colaborado en programas televisivos e en cine, e foi o primeiro artista vigués en dar un concerto no Auditorio do Mar de Vigo, ao pouco de se inaugurar. Superada xa a barreira dos catrocentos concertos, este artista continúa co seu traballo incesante.

15 de agosto.
22.00 h. Praza do Corgo NAJLA SHAMI
Cantora e compositora filla da mestizaxe palestina, galega e arxentina. Iníciase na música tradicional e avanza cara ao jazz, funk e world music, afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, o que a leva a países como Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwait, a India ou o Reino Unido. A partir de 2003 colabora en diversos traballos nos que incorpora novas influencias, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África, o que imprime unha profunda pegada na súa evolución. Conxuga á perfección a multiculturalidade e o amor pola nosa terra, como se ve no seu último traballo, o libro-disco Na lingua que eu falo, unha fermosa homenaxe a Rosalía de Castro.

18 de agosto.
21.00 h. Praza do Corgo TINCHO FERNÁN
Tincho Fernán é de Montevideo e representa a todos eses músicos que, polo azar da vida, deixaron
os seus lugares de orixe e estableceron aquí o seu fogar.
Galicia sempre tivo e sempre manterá un espírito cosmopolita e acolledor, onde todas as persoas se senten a gusto, tamén os músicos.
Martín Fernández “Tincho” nace en Montevideo, Uruguai, no barrio de Malvín. A súa familia estivo
sempre vencellada á música (a súa nai é unha apaixonada do piano).
Así pois, a murga e o candombe corren polas súas venas desde a súa infancia e adolescencia, época na que se converte en percusionista de candombe e chega a compartir escenario con grandes figuras da música uruguaia.
A mediados del 2015 comeza a gravación do seu segundo disco, lanza o primeiro single, “Trotamundo”, e con el embarcou nunha pequena xira que o levou ata Miami, Montevideo e Bos Aires.
Á volta de América do Sur estrea novas cancións e nova banda xunto a Suso Feixón á batería, Federico Welicki ao baixo e Nuria González nos coros.
“Nunca es demasiado tarde” ve a luz o 20 de febreiro. Tincho conta neste disco coa colaboración
de Guillermo Gagliardi, Diego Pacheco, Eladio Santos, Pablo Novoa, Lorenzo Bo, Juanma Ons, Carlos Gil e Andrés Cunha.

MÚSICA “MADE IN O GROVE”

Actuacións de grupos e artistas locais na praza do Corgo

6 de xullo.
21.00 h. A Doce Vita “Sons de Cine”
23 de xullo.
21.00 h. Os Firrás “Noite de Boleros”
24 de xullo.
21.00 h IV Memorial Loli Cabanelas da Coral da Confaría de San Martiño do Grove.
27 de xullo.
21.00 h Fla-Meco
6 de agosto.
20.00 h Pandeireteiras e Coral da Asociación de Xubilados e Pensionistas do Grove (Asxupen)
24 de agosto.
21.00 h Cinco en zocas

DANZA

19 de agosto.
21.00 h. Praza de Arriba Cultura no Camiño. “Tango en Galicia”
26 de agosto.
Praza do Corgo VII Exhibición de Baile Cantodorxo

HISTORIA

4 de agosto.
20.30 h. Saída da praza do Corgo
Ruta dos Persoeiros Ilustres
O investigador da historia local Francisco Meis acompañará as persoas interesadas a coñecer a
nova ruta da Memoria Histórica do Concello do Grove. O Grove conta, na súa historia, con persoeiros destacables en diversos eidos ou disciplinas. Moitos deles foron recoñecidos coa designación de rúas cos seus nomes, pero, pasado o tempo, a historia que levou a que esas rúas ou espazos públicos fosen nomeados deste xeito, semella esquecida.
Ante este realidade, un elemento cultural de grande importancia para o Concello do Grove é poder contar con información concreta sobre a historia e as achegas deses persoeiros ilustres. Deste xeito créase unha ruta que une todos eses elementos co nexo común das súas achegas e traballos e a súa contribución á historia local.
Inscrición: Facebook “Cultura Concello do Grove”.

8 e 25 de agosto.
19.30 h. Espazo Museístico da Pesca e da Salga. Punta Moreiras
A Salgadura da Sardiña
A asociación de Amigos do Espazo Museístico das Salgadeiras de Moreiras recreará o proceso da salgadura da sardiña tal e como se facía hai décadas. Deste xeito comezará o proceso co curado da
sardiña e posteriormente realizará o estibado nos tabais.

CINEMA

CINEMAS DE VERÁN

Todos os mércores, a partir das 22.00 horas, na rúa do Hospital (capela de Santo Antonio).

5 de xullo
Trolls
Xénero: Animación. Fantástico. Comedia. Infantil.
Coñecidos polos seus pelos de cores, tolos e máxicos, os Trolls son as criaturas máis felices e alegres que irrompen no mundo da canción. Pero o seu mundo de arco da vella e cupcakes cambiará para sempre cando a súa líder, Poppy (Ana Kendrick), debe embarcar nunha misión de rescate que a levará moi lonxe do único mundo que coñece.

12 de xullo
Cuerpo de élite
Xénero: Comedia. Acción
Comedia de acción que nos presenta o “Cuerpo de Élite”, servizo secreto español. Tras a tráxica morte dos seus membros, o corpo recruta un novo grupo de axentes que deberán dar cun tolo terrorista que conseguiu unha vella bomba somerxida na praia de Palomares (Almería) onde,  recordemos, en 1966 un bombardeiro estadounidense que transportaba armas nucleares caeu sobre a
costa do Mediterráneo.

19 de xullo
¡Canta!
Xénero: Animación. Musical. Comedia. Infantil
Buster Moon é un elegante koala que rexenta un teatro que coñeceu tempos mellores. É un optimista
nato, o que está moi ben se non fose un pouco cara lavada, pero ama o seu teatro con paixón e é capaz de calquera cousa para salvalo. Sabe que o soño da súa vida está a punto de desaparecer, e só ten unha oportunidade para mantelo a frote: organizar un concurso de canto e conseguir que sexa un grande éxito. Entre os moitos candidatos aparecerán unha porquiña ama de casa e outro corricho moi animoso, unha porco teixo rockeira, un gorila bondadoso, un rato presumido e unha elefante moi tímida.

26 de xullo
La Ciudad de las estrellas
(La La Land)
Xénero: Musical. Romance. Comedia. Drama
Mia (Emma Stone), unha rapaza aspirante a actriz que traballa como camareira mentres acode a cástings, e Sebastian (Ryan Gosling), un pianista de jazz que gaña a vida tocando en sórdidos tugurios, namoran, pero a súa grande ambición por chegaren á cima nas súas carreiras artísticas
ameaza con separalos.

2 de xullo
Mascotas
Xénero: Animación. Comedia
Nun edificio de apartamentos de Manhattan, a vida de Max como mascota favorita corre perigo cando a súa dona trae á casa outro can chamado Duke, con quen Max pronto ten as súas diferenzas. Pero ambas as mascotas teñen que deixar atrás a súa rivalidade cando saben que un adorable coelliño
branco chamado Snowball está recrutando un exército de animais domésticos que foron abandonados,
decididos a se vingaren de todos os animais domésticos felices e dos seus donos.

9 de agosto
Bridget Jone´s Baby
Ano: 2016
Xénero: Comedia. Romance
Despois de romper con Mark Darcy, Bridget Jones, cos corenta acabados de cumprir e solteira de novo, decide centrarse no seu traballo e rodearse de antigos e novos amigos. Por unha vez na súa ida, Bridget parece telo todo baixo control. Pero a súa vida amorosa toma unha nova dirección cando coñece un elegante estadounidense chamado Jack, un galán que ten todo o que non ten o Sr. Darcy. Descobre que está embarazada, pero non sabe a ciencia certa quen é o pai.

16 de agosto
Aliados
Xénero: Thriller. Drama. Romance
Ano 1942 durante a Segunda Guerra Mundial. Max (Brad Pitt) é un espía do bando aliado que namora de Marianne (Marion Cotillard), unha compañeira francesa, tras unha perigosa misión no norte de África. Reunidos en Londres, a súa relación vese ameazada polas presións extremas da guerra.

23 de agosto
Ice Age 5
Xénero: Animación. Aventuras. Comedia
A obsesiva busca de landras por parte de Scrat acaba provocando un accidente: que un asteroide se dirixa cara á Terra, ameazando con acabar coa Idade do Xeo.
Sid, Manny, Diego e os demais membros da manda intentarán impedilo por todos os medios.

TRADICIÓNS

Festas e romarías

Do 14 ao 17 de xullo,
Festas do Carme

25 de xullo,
Día Nacional de Galicia

5 de agosto,
VIII Romaría Festa da Malla
E ademais….

FOLCLORE

22 de xullo.
21.00 h XV Noite Cultural
Paradanda. Praza do Corgo.
Organiza: Paradanda-Mecos

5 de agosto
XXI Festival Folclórico
Cantodorxo. Praza do Corgo.
Organiza: Cantodorxo

CATIVOS

ACTIVIDADES PARA A RAPAZADA

CICLO DE CONTACONTOS NA PRAZA DE ARRIBA

Todos os martes (non festivos) ás 20.00 horas

11 de xullo.
“Sabela e o paxaro máxico”.
Tarabelos Teatro.

18 de xullo.
“Contacontos”. Xarope Tulú.

1 de agosto.
“Bou Catrineta”. Inacio Vilariño.

8 de agosto.
“Contos a pé de rúa”.
Caxoto Contacontos.

22 de agosto.
“Hocus Pocus”.
O Mago Paco.

CINEMA DE VERÁN PARA OS MÁIS PEQUECHOS

Os mércores ás 22.00 h na rúa do Hospital (ver sección “Cinema de Verán”)

5 de xullo.
Trolls

19 de xullo.
 ¡Canta!

2 de agosto.
Mascotas

23 de agosto.
Ice Age 5

EXPOSICIÓNS

Sala das Dornas.“Feito á Man,” de Juan Leiro.
Tallas de madeira feitas á man polo artista local Juan Leiro. Do 11 ao 18 de xullo

Sala das Dornas.  “Mostra-arte”. Exposición de traballos feitos polo colectivo Artegrove. Do 21 de xullo ao 15 de agosto

Sala das Cunchas. Mostra de fotografía “Entre lusco e Fusco”. Organiza: Abanca. Do 28 de xullo ao 27 de agosto

ESPAZO CULTURAIS DO GROVE

ESPAZO MUSEÍSTICO DA PESCA E DA SALGA (MUSEO DA SALGA)
Punta Moreiras. museo@concellodogrove.es
De martes a domingo: 10.00-15.00 e 16.00-21.00 h (Luns pechado)

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CULTURA E DO AGRO GALEGO “O QUINTEIRO
DE TEMPERÁN”
Lugar de Cacheirás, 49. San Vicente. info@quinteirodetemperan.com Todos os días, 11.00-13.30 e 17.00-21.00 h
Visitas guiadas diarias
Martes: Experiencia vivencial no Quinteiro
Mércores: Fornadas de bolas de pan de millo, centeo ou trigo
Xoves: Obradoiros tradicionais
Sábados: Roteiros e Noite Meiga (ver programación diaria)
Domingos. Xornadas da conservación tradicional dos alimentos

AULA DA NATUREZA DA SIRADELLA
Monte da Siradella, Campos. San Martiño.
auladasiradella@gmail.com
De martes a domingo: 10.30-14.00 e 16.00-20.00 h (Luns pechado)

Máis info:
www.concellodogrove.es
Cultura Concello do Grove

Organiza: CONCELLO O GROVE

Agradecementos:
Artegrove, Paradanda-Mecos, Os Firrás, Coral Polifónica da Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove, Abanca, Roza do Pedrol, Francisco Meis, Amigos do Espazo Museístico das Salgadeiras de Moreiras, Paco & Lola, Porto de Pedras Negras, El Patio, Quinteiro de Temperán

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiavilagarcia} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget