💡 Obradoiro Ádega "como compoñer o plano cinematrográfico?" 1-3ago'17

A composición da imaxe no cinema

Obradoiro impartido por David Hernández

  • Do 1 ao 3 de agosto de 2017, de 19h a 21h no Salón García.
  • Socios de balde. Non socios 5€. Inscripcións en info@cineclubeadega.com
Como novidade na Semana de Cine este ano organizamos o obradoiro «A composición da imaxe no cinema. Como compoñer o plano cinematográfico?», que será impartido por David Hernández.

David Hernández, realizador e director de fotografía de prolongada experiencia, ten transitado por diferentes medios e cargos, dende a fotografía á televisión, dende a publicidade ao cinema, que compaxina coa súa vocación docente. Guionista e director de varias curtas de ficción e documentais, actualmente está en fase de producción da súa primeira longa de ficción.

Neste obradoiro plantéxase a necesidade de coñecer os mecanismos para realizar unha eficaz composición da imaxe cinematográfica. O aluno coñecerá, a través de innumerables exemplos extraídos de pezas cinematográficas, como organizar, executar e avaliar o plano para conquistar os seus obxectivos narrativos e estéticos.

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiavilagarcia} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget