📆 Nadal Cultural en Riveira 2017-2018

decembro 2017 - xaneiro 2018 en Riveira 

NADAL  CULTURAL 2017/2018 EN RIVEIRA  

OBRADOIROS TEMÁTICOS

SHOWCOOKING:  OBRADOIROS DE COCIÑA E REPOSTERÍA DE NADAL* GRATUÍTOS!

Lugar: Aula de Servizos Sociais (R/ Cristóbal Colón).
Dous cursiños gastronómicos diferentes a celebrar os días:
Martes 12 e mércores 13 de decembro.
Xoves 14 e venres 15 de decembro.
Horario: De 18:30 a 21:00 h.

De 16 anos en diante, máx. 25 persoas por cursiño.

Nota: Priorizaranse participantes distintos por xornada en función da orde de inscrición ata cubrir as 50 prazas ofertadas (25 por cursiño).

OBRADOIRO DE ARTE FLORAL E DECORACIÓN DE NADAL* GRATUÍTO!

Lugar: Casa da Xuventude (Avda. da Constitución).
Datas: 12, 13, 14 e 15 de decembro.
Horario: De 17:30 a 20:00 h.

De 16  anos en diante, mín. 13 e máx. 25 persoas.

Período único de Preinscrición para os Obradoiros de Arte Floral e Cociña:
 Do 24 de novembro ao 1 de decembro de 2017.

Cubrindo o Formulario ON-LINE da páxina web oficial do Concello de Riveira, a partir do luns 27 de novembro ás 10:00 h ata as 23:59 h do 1 de decembro ou no C.C. Lustres Rivas de Riveira de 10:00 a 13:30 h.

* Listaxe de Admisión o 5 de decembro na web municipal e no C.C. Lustres Rivas.
AVISO: Aqueles participantes admitidos que non asistan á actividade sen causa xustificada e non o comuniquen con antelación ao obradoiro, quedarán excluídos da súa participación en futuras convocatorias.

OBRADOIRO INFANTIL DE INICIACIÓN Á ESCULTURA * GRATUÍTO!

Lugar: Auditorio de Riveira (sala alta).
Datas: 26, 27, 28 e 29 de decembro – 2, 3, 4 e 5 de xaneiro
Horario: De 11:30 a 13:30 h.

De 9 a 14 anos, mín. 12 e máx 20 persoas.
Período único de Preinscrición para o Obradoiro de I. á Escultura:
 Do 24 de novembro ao 17 de decembro de 2017.

Cubrindo o Formulario ON-LINE da páxina web oficial do Concello de Riveira, a partir do luns 27 de novembro ás 10:00 h ata as 23:59 h do 17 de decembro ou no C.C. Lustres Rivas de Riveira de 10:00 a 13:30 h.

* Listaxe de Admisión o 20 de decembro na web municipal e no C.C. Lustres Rivas.

Orde de prioridade:
1. Persoas empadroadas en Riveira.
2. Orde de inscrición.

CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO NADAL CULTURAL


NADAL CONCILIA (RIVEIRA):

Lugar: Conservatorio Municipal de Riveira.
Datas: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro – 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.
Horario: De 09:00 a 14:00 h.

* Nenos/as nados de 2009 a 2014 (ambos incluidos), ata 120 participantes en 4 grupos.

NADAL XOGO (PARROQUIAS):

- Aguiño, Castiñeiras e Carreira, na CASA DA CULTURA DE AGUIÑO.
- Oleiros, Corrubedo, Olveira e Artes, no CENTRO SOCIAL DE OLEIROS.
Datas: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro – 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.
Horario: De 09:00 a 14:00 h.

* Nenos/as nados de 2009 a 2013 (ambos incluidos), ata 60 participantes en 2 agrupamentos parroquiais dun máximo de 30 participantes.


Período único de Preinscrición para Campamentos de Conciliación do Nadal:
 Do 24 de novembro ao 10 de decembro.
Cubrindo o Formulario ON-LINE da páxina web oficial do Concello de Riveira, a partir do venres 24 de novembro ás 10:00 h ata as 23:59 h do domingo 10 de decembro:

www.riveira.gal

Ou no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira,
de 10:00 a 13:00 e de 19:00 a 21:00 h, de luns a venres.
Información: 981 835650 – culturaefestexos@riveira.com

*  NORMAS DE ADMISIÓN DOS CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO NADAL CULTURAL DE RIVEIRA 2017/2018 aprobadas en XGL do 01/07/2017
e publicadas en www.riveira.gal

A orde de prioridade na admisión que se seguirá en caso de exceder as prazas ofertadas será a especificada nas Normas de Admisión.

Listaxes e admisión: O día 13 de decembro publicarase na web municipal a listaxe provisional e o 15 de decembro a definitiva e os lugares e grupos aos que deberán dirixirse. Matriculación do 18 ao 20 de decembro. Día 21 de decembro listaxe final.

* Reservarase un 10 % das prazas para emerxencia social!

PROGRAMACIÓN

TEATRO, MÚSICA, DANZA e ACTOS DO TECIDO SOCIAL

Festival de Cáritas Parroquial de Riveira.
Auditorio Municipal.
Venres 15 de decembro, ás 19:30 h.

Festival de Nadal de Bailadela.
Auditorio Municipal.
Sábado 16 de decembro, ás 20:00 h.

Festival de Nadal de Alfaia.
Auditorio Municipal.
Domingo 17 de decembro, ás 19:00 h.

Festival de Tahume.
Auditorio Municipal.
Sábado 23 de decembro, ás 19:00 h.

CONCERTO DE CONFRATERNIDADE
Coral Polifónica Municipal de Riveira
Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Riveira.
Igrexa Parroquial de Santa Uxía de Riveira.
Sábado 23 de decembro, ás 20:45 h.

Entrada gratuíta ata encher aforo!
As entradas para os espectáculos do auditorio, recolleranse alí ½ hora antes das funcións.

ESPECTÁCULOS INFANTÍS 

MAXIA CÓMICA
Mundomandarina: “Mi abuelo es mago”
Auditorio Municipal. Todos os públicos!
Venres 22 de decembro, ás 19:00 h.

CINE DE NADAL
“Los Minions”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Martes 26 de decembro, ás 19:00 h.
Colabora a Deputación de A Coruña.

TEATRO FAMILIAR
A Trastenda dos Contos: “Un paxe real en apuros”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Mércores 27 de decembro, ás 19.00 h.

DANZA CONTEMPORÁNEA
Exire: “Danza en Nadal”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Xoves 28 de decembro, ás 19:00 h.
Colabora a Deputación de A Coruña.

CINE DE NADAL

“Del Revés” 
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Venres 29 de decembro, ás 19:00 h.
Colabora a Deputación de A Coruña.

MÚSICA, CIRCO E CLOWN
Piscore: “Concerto singular”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Sábado 30 de decembro, ás 19:00 h.
Colabora a Deputación de A Coruña.

MAXIA 
Mago Teto: “As novas tolemaxias”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Martes 2 de xaneiro, ás 19:00 h.

TEATRO DE LUVAS E VARIÑAS
Tarabela:  “Sabela e o paxaro máxico”
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Mércores 3 de xaneiro, ás 19:00 h.

MAXIA 
Mago Xacobe
Auditorio Municipal. Todos os Públicos!
Xoves 4 de xaneiro, ás 19:00 h

Entrada gratuíta ata encher aforo!

As entradas do auditorio recolleranse alí ½ hora antes das funcións; priorizarase o público infantil (un neno/a por adulto), entregaranse 2 entradas por persoa que perderán a súa validez unha vez chegada a hora da función.

NADAL NA RÚA

Inchables variados, animación con Pai Noel, o Apalpador, Paxe Real… música,  ambientación e lambetadas…

Sábado 23 de decembro.
Rúa de Galicia (zona Centro Cultural Lustres Rivas).
Horario: De 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19.00 h.

Domingo 24 de decembro.
Praza do Concello.
Horario: De 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19.00 h.

Sábado 30 de decembro.
Rúa de Galicia (zona Museo Municipal).
Horario: De 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19.00 h.

Domingo 31 de decembro.
Parque García Bayón.
Horario: De 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19.00 h.

EXPRESSO DE ORIENTE

Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade, entrada gratuíta.

Sábados 23 e 30 de decembro. Domingos 24 e 31 de decembro.
Saída e chegada na Praza do Concello.
Horario: De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.

Nota: As entradas colleranse na propia fila antes de cada viaxe.
Priorizarase un neno/a por adulto en caso de cheo.

INCHABLES DO NADAL

Inchables variados e animación musical…

Venres 22 de decembro.
Praza do Centenario, de 11:00 a 13:30h.

Martes 26 de decembro.
Praza de Porta do Sol, de 11:00 a 13:30 h.

Mércores 27 de decembro.
Praza de Pablo Neruda, de 11:00 a 13:30 h.

Xoves 28 de decembro.
Praza de Uxío Novoneyra, de 11:00 a 13:30 h.

Venres 29 de decembro.
Rúa de Galicia (cruce con Porta do Sol), de 11:00 a 13:30 h.

Martes 2 de xaneiro.
Parque das Abesadas, de 11:00 a 13:30 h.

Mércores 3 de xaneiro.
Palco de Pedra do Malecón, de 11:00 a 13:30 h.

Xoves 4 de xaneiro.
Parque García Bayón, de 11:00 a 13:30 h.

Nota: En caso de choiva será no Pavillón do CEIP O Grupo de Riveira.

PLANETARIO “MUNDO ESTRELADO”

Planetario no que haberá sesións de observación astronómica e explicación das constelacións.
Palco de Pedra do Malecón.
Do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro.
Horario: De 18:00 a 20:00 h.
Sesións de 50  min. para grupos de máx. 50 persoas.
Para todos os públicos. Entrada gratuíta!
Nota: Despacho de tícket gratuíto na propia actividade ata completar grupos.
nReda NO NADAL

Distintas actividades para nenos e nenas na Carpa Municipal da Rúa de Galicia.
22, 26, 27, 28 e 29 de decembro. 2, 3, 4 e 6 de xaneiro, de 17:00 a 20:30 h.
23 e 30 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.

ESPAZO CONCILIA: 

De martes a venres de 17:00 a 20:30 h e sábados de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:30 h (de 3 a 6 anos)
(Máximo 1,5 horas por nena ou neno ata un máximo de 20 participantes a un tempo).

Zona de Peques (para nenos7as de 2 a 6 anos acompañados dos seus pais).
Obradoiros: Manualidades, globoflexia, maquillaxe, creación de contos, adornos de Nadal, postais, cartas de Reis, etc.
Grandes Xogos e xogos Populares.
Ambientación e animación musical: Xogo, divertimento, musicalidade...
Contacontos e outros espectáculos de pequeno formato.
Visita de Pai Noel, O Apalpador, mascotas animadas...
Inchable Infantil.
6 de xaneiro: Festa Infantil de Reis

De 18:30 a 19:30 h: Visita do Carteiro Real. Entregará lambetadas e rifas para o sorteo que os Reis Magos farán o día 5 de xaneiro dende o balcón da Casa do Concello.

NADAL PELEGRÍn * Aproxímate ao Nadal nas Parroquias.


Espectáculo do Nadal, Carteiro Real, obradoiros e inchables visitarán as parroquias para realizar unha grande variedade de actividades, de 16:30 a 19:30 h:

16:30 h Inchables, ata as 18:30 h.
16:30 h Obradoiros infantís de globoflexia, maquillaxe e adornos do Nadal.
17:30 h (ata as 18:30 h) Visita do Carteiro Real que entregará lambetadas e rifas para o sorteo que os Reis Magos farán o día 5 de xaneiro dende o balcón da Casa do Concello.
18:30 h Espectáculo sorpresa do Nadal.


Palmeira: Venres 22 de decembro (Pavillón Alcalde Torres Colomer).
Corrubedo: Martes 26 de decembro (Centro Social e exterior).
Carreira: Mércores 27 de decembro (Casa da Cultura e exterior).
Artes: Xoves 28 de decembro (Pavillón do CEIP Artes).
Olveira: Venres 29 de decembro (Pavillón de Sirves).
Castiñeiras: Martes 2 de xaneiro (Casa da Cultura e adro da Igrexa).
Oleiros: Mércores 3 de xaneiro (Centro Social e exterior).
Aguiño: Xoves 4 de xaneiro (Pavillón do CEIP Heroínas de Sálvora).

PEKENADAL  

Encontros de nais/pais e nenas/os onde se realizarán xogos, panxoliñas e cancións, lectura de contos de Nadal, etc.

Aula Municipal de Ballet de Riveira.
Sábado 23 de decembro e sábado 30 de decembro.
Horario: De 12:00 a 13:30 h.

Nenas e nenos nados en 2015, 2016 e 2017 anos acompañadas/os dun adulto.
Mín. 20 e máximo 50 participantes/sesión (25 bebés e 25 adultos).

Inscricións no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira. T. 981 835 650. * culturaefestexos@riveira.com

VISITA DO CARTEIRO REAL

O Carteiro das súas SS.MM. os Reis Magos de Oriente visitará a cidade de Riveira e as distintas parroquias do municipio para recoller as cartas de todas/os nenas/os e repartirá agasallos e caramelos.

O CARTEIRO ENTREGARÁ UN BOLETO A CADA NEN@ QUE O VISITE PARA O SORTEO DE 3 AGASALLOS QUE ENTREGARÁN OS REIS MAGOS NO BALCÓN DO CONCELLO O DÍA DA CABALGATA.

RIVEIRA: Carpa Municipal: Do 22 de decembro ao 4 de xaneiro, de 18:00 a 19:00 h -agás 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro-.

RESIDENCIA DOS MAIORES: Venres 29 de decembro, de 11:30 a 12:30 h.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: Xoves 4 de xaneiro, de 10:30 a 11:30 h.

IGREXA DE SANTA CLARA DE DEÁN: De 11:30 a 12:30 h.

PARROQUIA DE SANTA UXÍA DE RIVEIRA: Domingo 24 de decembro, de 13:00 a 14:00 h.

PARROQUIAS:  De 17:30 a 18:30 h, xunto ás actividades do “Nadal Pelegrín”.

RÚAS MUSICAIS

Música itinerante polos comercios e establecementos hostaleiros

SONS DE BOIRO
Sábados 23 e 30 de decembro, de 18:00h a 21:30h.
Domingo 24 de decembro, de 17:00h a 20:30h.

Concertos de grupos locais ao aire libre.

CRUSH
Venres 22 de decembro.
Parque García Bayón, ás 19:00 h.
Nota: En caso de choiva será nos soportais da Rúa de Galicia.

A REBANDA
Venres 29 de decembro.
Rúa Mariño de Rivera, ás 19:00 h.
Nota: En caso de choiva será nos soportais da Casa do Concello.

OS LITRISISTAS
Sábado 6 de xaneiro.
Rúa de Galicia (zona Rúa do Sal), ás 13:00 h.
Nota: En caso de choiva será no Palco de Pedra do Malecón.

EXPOSICIÓN

SENTIMENTOS. María José Rodríguez García
Do 1 de decembro de 2017 ao 13 de xaneiro de 2018.

Sala de Exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas.
Luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h.
Sábados de 11 a 14 h e de 19 a 21 h.
Entrada gratuíta!

BAILE DOS NOSOS MAIORES


Luns 1 de xaneiro, ás 20:00 h.
Casa do Mar de Riveira.
Colabora o Club de Pensionistas e Xubilados do Mar de Riveira.

Sábado 6 de xaneiro, ás 20:00 h.
Aula de Música de Aguiño.
Colabora o Club de Pensionistas do Mar de Carreira e Aguiño.

PISTA DE XEO

Praza de España, do 1 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018.

Horario do 1 ao 21 de decembro:
Luns a venres, de 17:00 a 22:00 h.
Sábados, domingos e vésperas de festivos, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 22:00 h.

Horario do 22 de decembro ao 7 de xaneiro:
Luns a domingo, de 11:00 a 14.00 h e de 17:00 a 22:00 h.
.
24 e 31 de decembro: De 11:00 a 19:00 h.
25 de decembro: De 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 h.
1 de xaneiro: De 17:00 a 22:00 h.
5 de xaneiro: De 11:00 a 14:00 h.
6 e 7 de xaneiro: De 11:00 a 14.00 h e de 17:00 a 22:00 h.

Prezo xeral por unha hora de patinaxe, incluído aluguer de patíns: 7,00 € por persoa.
Prezo familiar (2 adultos + 1 neno/a): Adultos 6,00 € e menor de 13 anos 5,00 €).
Colexios e grupos, do 4 ao 21 de decembro: 4,00 € por persoa (previas reserva, en horario escolar).

Información e reservas: T. 981 848 411 – gerenciaº@oziona.com – www.oziona.com

NOITE DE FIN DE ANO

Sesións de música DJ variada, con haima e equipo propio en tres espazos do ocio
nocturno riveirense:

Malecón, cruce con Campo de Marte, dende a 01:30 h
Rúa de Galicia, cruce con rúa do Sal, dende as 02:00 h
Praza de Teruel-Bandourrío, dende as 02:30 h

CONCURSO DE ESCAPARATISMO E CONCURSO DE DECORACIÓN DA HOSTALERÍA NO NADAL

Do 16 de decembro de 2017 ao 6 de xaneiro de 2018.

Concursos de escaparatismo e decoración da hostalería no Nadal, organizados polo Concello de Riveira e a Asociación de Empresarios de Riveira cos seguintes premios:

Mellor Escaparate: Diploma e agasallo conmemorativo.
Mellor Decoración Hostaleira: Diploma e agasallo conmemorativo.
Todos os locais participantes nos dous concursos: Diplomas de participación.

SORTEO dun VALE de 100 € para o COMERCIO LOCAL entre todos os votantes!

Entrega de premios e diplomas no mes de xaneiro de 2018.

Bases dos concursos publicadas en www.riveira.gal e www.empresariosriveira.com

Información e inscricións na sede da Asociación de Empresarios de Riveira:
 Tlf. 981 873719 e correo correo@empresariosriveira.com ata o 13 de decembro.


CABALGATA DE REIS

Venres 5 de Xaneiro, ás 17:30 h.
Saída da zona Portuaria de Riveira.
Percorrerán toda a cidade para saudar aos nenos/as dende o balcón do Concello.

Os Reis Magos sortearán 3 agasallos entre todas as nenas e nenos que visitaron ao Carteiro real!

FESTA INFANTIL DE REIS

Festa infantil na carpa municipal da rúa de Galicia, con xogos, cancións, obradoiros, inchable, visita de mascotas animadas, divertimento e moitas sorpresas...

Sábado 6 de xaneiro, de 17:00 a 20:30 h, entrada gratuíta!

www.riveira.gal

Etiquetas:
Reacciones:

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiavilagarcia} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget