20:30 TERTULIAS EN CÍRCULO 15jul en Avda da Mariña (conversación)

Espazo de debate político e social aberto a calquera persoa, independente da súa militancia, xa
que consideramos que a posta en común de ideas e o debate son ferramentas claves da democracia participativa. As “Tertulias en círculo” teñen lugar os mércores a partir das 20:30 no Bar Avenida e nelas trátanse temas de actualidade, tanto a nivel estatal como a nivel do concello,ou calquera das propostas de interese que as persoas presentes queiran compartir.

Propostas de debate :

-Dificultades para a aprobación da proposta organizativa do PSOE para o concello de Vilagarcía. Análise dos acordos que se están a barallar. Posibles consecuencias destes pactos nas futuras políticas do concello.
-Aprobación do documento sobre o TTIP a pasada semana no Parlamento Europeo cos apoios de PP e PSOE.
-Debate sobre a situación de Grecia e a posición do resto do Eurogrupo ante un posible terceiro rescate.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget