21:00 OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E DIVERSIDADE 10jul (formación)

Cafetería A Marina, venres 10 de xulio de 2015, 21h. Entrada libre.

Galiza Nova organiza un obradoiro de sexualidade e diversidade en Vilagarcía.
As mocidades do BNG presentarán unha guía de sexualidade sobre identidades sexuais e diversidade de cara a derrubar estereotipos e gozar dunha sexualidade libre e segura.
A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, realizará un obradoiro de sexualidade e diversidade en Vilagarcía este venres ás 21 horas na cafetaría A Marina (Avda. da Mariña, a Alameda, Vilagarcía). O obradoiro consistirá nun coloquio “sobre a importancia de erguermos unha sexualidade libre, gozosa e segura, desterrando etiquetas, sen estereotipos nin opresións” e estará presentado pola Portavoz Municipal do BNG en Vilagarcía, María Villaronga, e conducido por AlfredoSaborido, sexólogo da Asociación Sexus
No acto entregarase a cada persoa que asista ao acto a guía de sexualidade e diversidade que Galiza Nova vén de editar, e que dará pé ao coloquio aberto sobre sexualidade e diversidade, dúbidas sobre relacións sexuais para desterrar tópicos, e coñecer métodos de barreira de infeccións de transmisión sexual e métodos anticonceptivos, con Lucía Veciño, corredactora da guía.

As mocidades do BNG sinalan que “son múltiples as barreiras no camiño cara a unha sexualidade que sexa, por riba de todo, libre e gozosa, mais urxe derrubalas para erguer unha sociedade diversa e tolerante”

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget