Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.

REDUCIR A FACTURA DA LUZ



OBRADOIRO COÑECE A TÚA FACTURA DA ELECTRICIDADE E APRENDE A REDUCILA

Mércores, 4 de novembro 2015, 18:30h no Auditorio. Entrada libre. 

A Asociación de Consumidores Críticos Responsables e Solidarios (Adicae) desenvolverá en colaboración co Concello de Vilagarcía un obradoiro de formación, divulgación e sensibilización en materia de consumo de subministro eléctrico. A actividade terá lugar o mércores, 4 de novembro, na Sala de Conferencias do Auditorio, a partir das 18:30 horas e está aberta a todo o público interesado.

"Coñece a túa fractura da luz. Aprende a reducila" é o título deste obradoiro no que tamén colabora o Instituto Galego de Consumo. Persoal da Adicae aclarará aos usuarios os conceptos do recibo da luz e polos cales pagan e que, na maioría dos casos, non se entenden. Deste xeito poderán comprobar si efectivamente están pagando polo consumo real, e tamén poderán tomar decisións para aforrar no gasto do consumo.

Os Servizos Sociais do Concello promoven esta actividade no marco das medidas tendentes a axudar ás familias a xestionar dun xeito máis eficaz as súas economías domésticas e a aforrar en todo o que se poida. O recibo de consumo eléctrico, tras a liberalización de prezos é a confusión xerada en torno a ela, é un dos puntos nos que aplicar estas medidas.
Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget