ASAMBLEA ABERTA BNG

Jueves 26 de febrero, 20:30h, en Auditorio de Vilagarcía

O BNG convoca unha nova asemblea aberta para recoller propostas do programa e do 2º tramo das candidatura para as municipais

O acto será xoves ás 20:30 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa, 25 de febreiro de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego convoca unha nova asemblea aberta, en Vilagarcía de Arousa mañá xoves 26 ás 20:30 no Auditorio Municipal. Alí continuarase recollendo propostas para o programa das próximas eleccións municipais de maio e tamén propostas de persoas para o 2º tramo da candidatura.

O BNG anima a seguir participando neste proceso a toda a veciñanza de Vilagarcía, a todas aquelas persoas que están fartas de ver a ineptitude que hai no Concello e de comprobar como o PP utiliza as institucións como se fosen a súa casa particular, ao tempo que quere construír para Vilagarcía de Arousa unha alternativa para Galiza en clave de defensa do país, dos dereitos sociais e da soberanía dos pobos.


O BNG convoca unha nova asemblea aberta para recoller propostas do programa e do 2o tramo das candidatura para as municipais acto será mañan xoves ás 20:30 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa

O Bloque Nacionalista Galego convoca unha nova asemblea aberta, en Vilagarcía de Arousa xoves 26 ás 20:30 no Auditorio Municipal. Alí continuarase recollendo propostas para o programa das próximas eleccións municipais de maio e tamén propostas de persoas para o 2o tramo da candidatura.

O BNG anima a seguir participando neste proceso a toda a veciñanza de Vilagarcía, a todas aquelas persoas que están fartas de ver a ineptitude que hai no Concello e de comprobar como o PP utiliza as institucións como se fosen a súa casa particular, ao tempo que quere construír para Vilagarcía de

Arousa unha alternativa para Galiza en clave de defensa do país, dos dereitos sociais e da soberanía dos pobos.

A traxectoria do BNG durante estes últimos anos acredita que non é unha forza homologábel ao resto; é unha forza diferente e alternativa que tivo e ten propostas importantes para a cidade e que o demostra non só en Vilagarcía, senón en todos aqueles concellos onde goberna con políticas que abren as institucións ao servizo do pobo, experiencias que serán exitosas e beneficiosas para a nosa cidade.

Este proceso aberto dá resposta a unha demanda da base do nacionalismo de abrir máis canles de participación e comprobase satisfactoriamente como hai unha preocupación por fortalecer o BNG e por levar unha alternativa nacionalista ao concello de Vilagarcía de Arousa que permita loitar contra a corrupción e favorecer procesos en que as institucións se poñan ao servizo do pobo e que, deste xeito, aposten realmente por unha rexeneración da política.

Nas primeiras asembleas abertas, decidíronse os principios básicos da proposta electoral nacionalista para os comicios de maio, resultando como liñas mestras da mesma as seguintes:

En primeiro lugar, defensa dos servizos públicos, sen privatizacións que encarecen o servizo e son foco de prácticas corruptas, política social centrada nas persoas máis castigadas pola crise. Terceiro, desenvolvemento do tecido económico local, con especial fincapé no comercio de proximidade. Cuarto, tolerancia cero coa corrupción, con un concello transparente e participativo xestionado con honestidade para a maioría social. E, por último, insubmisión coas directrices económicas impostas polo Goberno central para apoiar aos sectores máis desfavorecidos. Toca agora seguir afondando nesas propostas e desenvolvelas para adaptalas ao noso concello.

Este é un proceso importante, no que o BNG pretende ser alternativa real a este sistema saído da Transición e que provoca tanta desigualdade e pobreza no conxunto do Estado e no noso país. A mellor maneira de fortalecer os dereitos sociais e a democracia fronte ao secuestro sometido do bipartidismo é defender o dereito dos pobos a decidir porque moitos dos problemas de Galiza están vinculados á falta de soberanía e un proceso democrático de base ten que basearse, precisamente, nos pobos e non en estruturas estatais caducas que, ademais, marxinan a Galiza.
Suscríbete a Arousa TV por correo