EXPOSICIÓN MUSICAL DE MOZART-BEATLES

Desde el lunes 16 de marzo, en el Centro Bernardo del Río

OS ALUMNOS DA ESCOLA DE MÚSICA EXPOÑEN OS TRABALLOS SOBRE MOZART E THE BEATLES E PREPARAN OS CONCERTOS TRIBUTO

O equipo docente traballa xa na programación de actividades de último trimestre do curso

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía acolle estes días unha singular exposición composta polos traballos realizados polo alumnado sobre Mozart e The Beatles, o compositor e o grupo musical obxecto de estudo no segundo trimestre do ano. Educandos e profesores preparan tamén estes días os concertos e audicións coas que pecharán esta fase do curso e o equipo directivo xa está avanzando a programación do seguinte trimestre.

O Centro Bernardo del Río comezou a semana pasada as audicións instrumentais correspondestes ao segundo trimestre e que se están a levar a cabo na sala de concertos do centro. Dende inicio de ano os alumnos están estudando a obra de Mozart e The Beatles, un exercicio proposto polo profesorado coa idea de que os educandos adquiran coñecementos musicais de todos os estilos e de todas as épocas. Como exemplo da música Clásica, este ano optouse pola figura do compositor Wolfran Amadeus Mózart, mentres que no campo da música popular actual, elixiuse á mítica banda británica.

Os traballos escritos e plásticos realizados polos alumnos en relación a estas dúas temáticas xa están expostos nos corredores do centro, unha mostra aberta a todo o público interesado. Por outro lado, como exorcizo práctico, o primeiro dos concertos tributo, o dedicado a Mozart, terá lugar o día 27 de marzo ás 19.30 horas, e o de The Beatles celebrarase no mes de abril.

O equipo docente e a dirección están traballando xa no deseño das actividades a desenvolver no último tramo do ano e como remate do curso. En maio celebrarase o VI Festival de Música e Movemento e, entre outras actividades e sorpresas,estase preparando un novo musical.