EXPOSICIÓN SOBRE FILGUEIRA VALVERDE

Del 11 al 31 de mayo de 2015, biblioteca Municipal Rosalía de Castro

A BIBLIOTECA INCORPORA AO PROGRAMA DAS LETRAS GALEGAS UN DINÁMICO XOGO POR EQUIPOS SOBRE FILGUEIRA VALVERDE

Unha exposición sobre o autor homenaxeado e a Hora do Conto para escolares son outras das actividades desta semana

O centro municipal agasallará aos usuarios con marcapáxinas conmemorativos

A Rede Municipal de Bilbiotecas de Vilagarcía desenvolve esta semana una intensa actividade con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas en cuxo programa inclúe un orixinal xogo por equipos para fondar na vida e obra do autor homenaxeado este ano, Xosé Filgueira Valverde. Os actos ábrense hoxe coa inauguración dunha exposición sobre o autor homenaxeado ese ano, Filgueira Valverde e a partir de mañá a Biblioteca Rosalía de Castro acollerá cada mañá unha sesión da Hora do Conto para escolares da cidade.

A partir de hoxe a ata o 31 de maio, o vestíbulo da Casa de Cultura acollerá a exposición sobre Filgueira Valverde que se compón dunha mostra bibliográfica do fondo da biblioteca que aborda a vida e obra do autor e paneis informativo facilitados por Secretaría Xeral de Política Lingüística. Son 10 carteis nos que, a partir dun texto que serve como fío condutor, se presenta información gráfica (fotos de vida, debuxos, portadas de libros, manuscritos, etc.).

A campaña de animación á lectura comeza mañá e desenvolverase ata finais de mes cunha sesión diaria da Hora do Conto que se celebrará a partir das 11 da mañá na Biblioteca Rosalía de Castro e que tamén se levará ás Axencias de Lectura de Carril, Vilaxoán e Bamio. Esta actividade está dirixida a alumnos de 1º curso de Primaria.

A actividade máis novidosa da programación das Letras Galegas deste ano é a que leva por título "Imos xogar con Filgueira Valverde" e que consiste nun divertido xogo por equipos, os participantes descubrirán a orixe e significado do Día das Letras Galegas e aos autores homenajeados ao longo da historia, con especial atención á do deste ano.

Por último, os días 15 e 16 de maio, a Biblioteca repartirá marcapáxinas conmemorativos do Día das Letras Galegas e do autor homenaxeado, entre os asistentes á biblioteca.