Elige fecha para ver los eventos de ese día.
Elige día de la semana para ver las actividades.

Lunes   Martes   Miércoles   Jueves    Viernes   Sábado   Domingo

Elige fecha para ver los eventos de ese día.
Elige día de la semana para ver las actividades.

Lunes   Martes   Miércoles   Jueves    Viernes   Sábado   Domingo

AROUSA EN BICI


ASOCIACIÓN 

AROUSA EN BICI 

arousaenbici@gmail.com

A Asociación Arousa en Bici está formada por un grupo amplo de persoas que practican cicloturismo e reivindican o uso da bicicleta como medio de transporte alternativo para o desempeño das actividades da vida cotián.

Obxectivos 

  • Unir os esforzos e iniciativas de cantas persoas e institucións interesadas na promoción e defensa do ciclista e da bicicleta. 
  • Fomentar o uso da bicicleta, tanto na cidade como no campo, como medio de transporte, deporte e diversión.
  • Interesar dos organismos públicos a protección do ciclista e da bicicleta, mediante a creación de carrís-bici, aparcamentos específicos, campañas de promoción e actividades de seguridade vial.
  • Organizar todo tipo de actividades educativas, deportivas, turísticas e recreativas nas que se utilice a bicicleta.
  • Incentivar os estudios, publicacións e exhibicións relacionadas co ciclista e a bicicleta.
  • Defender os usuarios da bicicleta e os consumidores de bens e servicios asociados a mesma.
  • Programar e organizar rutas cicloturistas como acercamento a Natureza e o Patrimonio Cultural.
  • Programar actividades en defensa do medio ambiente, destacando que a bicicleta é o medio de transporte máis ecolóxico.
  • Conseguir a maior interrelación entre a bicicleta e o transporte público.
  • Intervir na realización de actos culturais e como soporte de dinamización social e cultural.
  • Actuar como Entidade prestadora de servicios a xuventude.

Actividades

  • Saídas cicloturistas.
  • Deseñar itinerarios adecuados para o uso da bicicleta.
  • Demandar as diferentes administracións medidas que faciliten o uso da bicicleta.
  • Colaborar na organización dos Días da Bicicleta, Días sen coches e actividades semellantes.
  • Colaborar con institucións e/ou particulares, facilitando información referente ao uso da bicicleta.
  • Organizar charlas, exposicións... divulgativos do uso da bicicleta.
  • A xunta directiva reúnese tódos os primeiros mércores de cada mes na Casa de Xuventude de Vilagarcía e poden asistir os socios que queiran.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget