Elige fecha para ver los eventos de ese día.
Elige día de la semana para ver las actividades.

Lunes   Martes   Miércoles   Jueves    Viernes   Sábado   Domingo

Elige fecha para ver los eventos de ese día.
Elige día de la semana para ver las actividades.

Lunes   Martes   Miércoles   Jueves    Viernes   Sábado   Domingo

📣 FEI FEI DONG NO CONSERVATORIO 7jun'16

Visita en Conservatorio. Martes 7 junio 2016, 16:45/

FEI FEI DONG FAI ESCALA NO CONSERVATORIO DE VILAGARCÍA ANTES DO SEU DEBUT NO AUDITORIO NACIONAL DE MADRID 

A prestixiosa pianista chinesa participa mañá nun coloquio-recital con alumnos do centro de ensino musical e do IES Armando Cotarelo

Os alumnos do Conservatorio Municipal e do IES Armando Cotarelo Valledor teñen mañá unha oportunidade de participar nunha actividade educativa moi especial xa que terá como protagonista a unha das pianistas de maior proxección internacional do momento. Trátase da chinesa Fei Fei Dong, que goza duns días de descanso en Vilagarcía antes do debut que realizará o xoves no Auditorio Nacional de Madrid.

A exclusiva actividade á que poden asistir os alumnos do Conservatorio e do Armando Cotarelo terá lugar mañá martes, 7 de xuño, a partir das 16:45 horas, no Auditorio e consistirá nun coloquio-recital que terá unha duración aproximada dunha hora. O acto permitirá ao alumnado de ámbolos dous centros coñecer de preto a unha das pianistas chinesas de maior proxección na actualidade, unha virtuosa que ademais de atender ás preguntas dos rapaces, interpretará algún dos fragmentos do repertorio que tocará no o xoves no Auditorio Nacional de Madrid no marco do ciclo de concertos da Fundación Excelentia, un dos máis importantes e prestixiosos do noso país. Os alumnos vilagarcián poderán intercambiar impresións con Fei Fei Dong en relación ao mesmo, a súa formación e estudos, así coma que poidan coñecer de primeira man como é hoxe en dia a vida dunha intérprete desta categoría.

FEI FEI DONG, piano 

Eloxiada polo seu "enorme talento eas súas apaixoadas interpretacións musicais" (The Plain Dealer), a pianista china Fei-Fei Dong ten sido a gañadora la Elmaleh CAG Victor 2014 Competition, e unha das seis finalistas da prestixiosa 14ª Van Cliburn Piano Competition. Hoxe en dia segue a construír unha moi valorada reputación polas súas interpretacións poéticas, das que goza moito todo o público pola "paixón, tenrura e gran presenza escénica" (Dallas Morning News)

Fei Fei ten realizado esta primavera o seu debut no lendario Carnegie Hall neoiorquino con gran éxito de público e crítica.

Fei Fei viaxa directamente dende Pekin, onde acaba de tocar na Gala organizada polo Ministerio de Cultura do seu país e ten sido aclamada como unha das principais "10 pianistas chinas máis brillantes da actualidade"lo que lle permitirá realizar numerosas xiras de concertos e recitais ao longo do próximo ano en China. Fei Fei tocará en Vilagarcía fragmentos de obras de W. A. Mozart, F. Chopin e F. Liszt.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget