Elige fecha para ver los eventos de ese día.
Elige día de la semana para ver las actividades.

Lunes   Martes   Miércoles   Jueves    Viernes   Sábado   Domingo

Elige fecha para ver los eventos de ese día.
Elige día de la semana para ver las actividades.

Lunes   Martes   Miércoles   Jueves    Viernes   Sábado   Domingo

Elige fecha para ver los eventos de ese día.
Elige día de la semana para ver las actividades.

Lunes   Martes   Miércoles   Jueves    Viernes   Sábado   Domingo

🏃 FÚTBOL GALICIA - CATALUNYA 22dic'16

19h en Vilagarcía, A Lomba. Entrada 5€. Menores gratis. Xoves 22 de decembro de 2016  

GALICIA - CATALUÑA. SELECCIÓNS ABSOLUTAS FEMININAS 

O partido dará comezo ás 19:00 horas e será retransmitido en directo polas televisións de Galicia e Cataluña.

O 20 de maio pasado a Federación Galega de Fútbol puxo fin a oito anos sin Selección Galega Absoluta. O combinado masculino xogou contra Venezuela, pero o regreso da Irmandiña estaba incompleto, faltaba a volta da Selección Feminina, comprometida tamén para este ano polo presidente da FGF, Rafael Louzán. Un compromiso que se fará realidade o vindeiro día 22 (xoves) deste mes de decembro, día no que a Selección Galega Feminina Absoluta xogará contra a potente Selección de Cataluña, logo do acordo alcanzado por ambas federacións.

O Estadio Municipal de A Lomba, en Vilagarcía de Arousa, é o lugar elixido para albergar este partido. En primeiro lugar polo interés mostrado polo Concello de Vilagarcía en acoller o encontro e tamén por ser sede dun dos clásicos do noso fútbol feminino, o Atlético Arousana, de donde saiu unha das mellores futbolistas galegas, a dianteira do Valencia Mari Paz Vilas.

Federación e Concello pecharon o acordo nos últimos días e A Lomba convertirase no centro de atención do fútbol feminino en España con este encontro no que poderemos ver a unha decena de xogadoras internacionais, como as galegas Verónica Boquete e a propia Maria Paz Vilas.

O partido dará comezo ás 19:00 horas e será retransmitido en directo polas televisións de Galicia e Cataluña.

A presentación oficial do partido levarase a cabo nos próximos días e será aí cando se amplíe información sobre o precio das entradas, o seu sistema de venda e todo o relativo ó encontro.

Seleccionadores

A dirección deportiva da Federación decidiu que sexan os propios adestradores das seleccións galegas femininas de base os que asuman tamén a dirección técnica da Selección Absoluta: Quin Valbuena (seleccionador Sub-18), Edu González (seleccionador Sub-16) e Susú Cores (seleccionadora Sub-12). Edu realizará tamén as funcións de preparador físico.





Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget